Tarifas da luz
Detalle dos prezos
Hasta 15 kW de potencia contratada
Prezos da enerxía
Punta
0,194 euros/kWh
Llano
0,124 euros/kWh
Valle
0,099 euros/kWh
Prezos da potencia
Punta - Llano
29,934 euros/kW año
Valle
2,955 euros/kW año
Prezos válidos a partir do 1 de maio de 2026.
Enerxía a prezo de produción
Tarifa dispoñíbel só para persoas e entidades socias vencelladas a un empréstito Generation kWh
Generation kWh é un sistema de empréstitos que nos permiten construír ou mercar instalacións de xeración de enerxía renovábel novas.
Permítelles ás socias investir en proxectos de xeración de enerxía limpa e, a cambio, recibir electricidade a prezo de custo durante un período determinado. Deste xeito, foméntase a independencia enerxética e o emprego de fontes sustentábeis.
Esta tarifa aplicarase ao volume da enerxía que consumas e que se corresponda coa cantidade de accións enerxéticas asociadas ao teu contrato. Intégrase coa tarifa que xa teñas contratada.
Vantaxes
- Pos o teu diñeiro a traballar na mesma dirección ca os teus valores.
- Formas parte activa da transición enerxética.
- Recibes enerxía a prezo de custo* durante 24 anos.
* O prezo de custo calcúlase en función dos custos reais de xeración da instalación. Pode ser un prezo superior ou inferior ao resto das tarifas que oferta Som Energia.
Como funciona
Primeiro debes ter contratada unha tarifa indexada ou por períodos con Som Energia e logo poderás contratar Generation kWh. É coma se fose un complemento á túa tarifa actual e funciona do mesmo xeito ca se quixeses pór placas solares na túa casa, onde deberías ter unha tarifa contratada e as placas funcionarían como un complemento.
Con Generation kWh terás 3 prezos distintos: punta, chan e val. Estes aplícanse ao consumo que toca segundo a produción da planta e do teu empréstito. O resto cobrarase ao prezo da tarifa que teñas.
Detalle dos prezos
Hasta 15 kW de potencia contratada
Prezos da enerxía
Punta
0,194 euros/kWh
Llano
0,124 euros/kWh
Valle
0,099 euros/kWh
Prezos da potencia
Punta - Llano
29,934 euros/kW año
Valle
2,955 euros/kW año
Prezos válidos a partir do 1 de maio de 2026.
Descubre que servizo che vai mellor
Responde unhas preguntas e atopa o servizo perfecto para ti