Achegas voluntarias
Som Energia é unha cooperativa sen ánimo de lucro, polo que o noso funcionamento é distinto do das compañías enerxéticas.
Fai a túa achegaNacemos en 2010 pondo o foco nos valores que mantivemos até hoxe. Despois de todos estes anos, podemos dicir con orgullo que tras o noso traballo hai máis de 86 000 persoas e entidades socias.
Financiámonos grazas ás persoas e entidades socias
Unha das particularidades da cooperativa é o noso modelo de financiamento: Som Energia finánciase nun 80 % grazas ás achegas das persoas e entidades socias. Non buscamos beneficios económicos, senón medioambientais e sociais.
A túa confianza axúdanos a seguir medrando
As persoas e entidades socias que confiaron en Som Energia permitíronnos chegar a ser a cooperativa enerxética máis grande de Europa. O noso obxectivo: seguir medrando para acadar un modelo enerxético 100 % sostíbel, distribuído, en mans da cidadanía e que non deixe a ninguén atrás.
Achegas voluntarias
Para acceder aos servizos da cooperativa, as persoas pagan unha achega obrigatoria única de 100 euros. Tamén podemos recibir achegas voluntarias ao capital social. As achegas voluntarias ao capital social son a principal fonte de financiamento de Som Energia e xeran xuros para quen as realiza.
Seguimos camiñando con seguridade cara a un futuro sostíbel
As achegas voluntarias ao capital social permítennos financiar proxectos novos de xeración de enerxía. Ademais, bríndannos estabilidade económica e un baixo nivel de endebedamento. Iso si: cando precisamos máis financiamento, dámoslle sempre prioridade á banca ética.
E o máis importante: o capital social fai que, ao final, Som Energia sexa propiedade das persoas e entidades socias.
Aportaciones voluntarias al capital social
8.449 persoas socias xa achegamos 23.080.800 de euros
Ti tamén podes achegar ao capital social voluntario da cooperativa. Para facelo, cubre o formulario seguinte.