Documentación
No noso compromiso coa transparencia, creamos unha serie de estruturas que nos axudan a tomar decisións colectivas e facelas públicas. Elas axúdannos a manter a túa confianza.
Nesta páxina explicámosche cales son e cal é o seu cometido.
Fitos e datas clave
Nesta páxina podes explorar os momentos clave de Som Energia desde o seu nacemento en 2010 até hoxe. Navega polos anos para coñecer mes a mes como chegamos a ser a cooperativa enerxética máis grande de Europa.
Xaneiro
Entrou en funcionamento a planta fotovoltaica de La Serra, situada en Anglesola (Lleida).
Febreiro
Xullo
Actualizamos o web coa nova marca.
Agosto
Pomos en funcionamento dúas novas plantas no Bages: Cardener e La Vinya.
Setembro
Inauguramos La Serra, a primeira planta fotovoltaica cooperativa en Cataluña, en Anglesola (Lleida).
Novembro
Decembro
Celebramos os 15 anos de Som Energia cun acto institucional en Girona, coa estrea do documental da Cooperativa.
A memoria social é un informe anual que reflicte a actividade de Som Energia.
Presentamos este documento en cada asemblea xeral e sérvenos para ter unha perspectiva das accións e resultados do último ano.
Como sabes, cada ano celebramos unha asemblea xeral na que todas as persoas e entidades socias teñen voto. Unha vez rematada, recollemos todas as decisións, achegas e cambios nunha acta que se publica pouco despois.
Garantimos así o noso compromiso coa transparencia e a participación.
En Som Energia publicamos as nosas contas. Podes coñecer o impacto da túa participación consultando os nosos informes e balances anuais.
A Intervención de Contas encárgase de revisar e supervisar as finanzas da cooperativa para garantir que a xestión económica siga a ser sólida. Todos os seus informes son públicos e podes consultalos aquí.
Dispós dunha ferramenta de datos abertos que che permite consultar por data e área xeográfica datos como novos contratos, entidades socias ou a enerxía xerada nas nosas plantas.