Generation kWh
Con Generation kWh, o teu diñeiro traballa para que as enerxías renovábeis sigan a medrar
Sobre o proxecto
Generation kWh é un sistema de empréstitos que nos permiten construír ou mercar instalacións de xeración de enerxía renovábel novas
A diferenza dos empréstitos tradicionais, o retorno non é financeiro, senón enerxético e medioambiental. Contámosche, porque é moi sinxelo:
As persoas ou entidades que queiran fomentar as enerxías renovábeis e teñan unha cantidade de diñeiro que non precisen a curto ou medio prazo, fanlle un empréstito a Som Energia.
Desde a cooperativa investímolo en pór en marcha instalacións de xeración de enerxía renovábel novas.
Som Energia devolve a cantidade achegada en cotas anuais ao longo de 25 anos.
Recibes accións enerxéticas
Cada participante achega unha cantidade económica en función da electricidade que emprega ao ano. Por cada 100 € de empréstito, recibe 1 acción enerxética. É dicir, se achegas 1000 €, recibirás 10 accións enerxéticas.
Impulsas proxectos sustentábeis
Desde Som Energia administramos a cantidade obtida de todas as achegas para impulsar proxectos de produción de enerxías renovábeis, como a fotovoltaica, a eólica e a minihidráulica.
Adquires dereitos enerxéticos
Cando realizas un empréstito, adquires uns dereitos enerxéticos que duran 25 anos. Con eles podes comezar a recibir electricidade a prezo de custo 12 meses despois da túa achega.
Se estás pensando participar en Generation kWh, pode que che interese coñecer as tarifas de Som Energia.
Recibes a devolución ao longo de 25 anos
Para saber como funciona Generation kWh é importante que teñas en conta:
Devolución do teu empréstito: Devolvémosche a túa achega a xuro 0 % ao longo de 25 anos. A primeira cota chega 24 meses logo de faceres a achega, o tempo preciso para pórmos en marcha as instalacións que xerarán enerxía limpa.
Podes recibir enerxía renovábel a prezo de custo durante toda a duración do contrato, 12 meses logo de faceres a achega.
Con esta ferramenta podes calcular cal é a achega axeitada para o teu consumo actual.
Grazas a Generation kWh, xa temos 3 instalacións fotovoltaicas a producir e distribuír enerxía limpa en Ávila, Lleida e Sevilla.
Agora estamos a recoller achegas para construír unha cuarta planta, a de Mas Pinós, no concello de Tiurana (Lleida). Se queres, ti tamén podes participar.
Mira o obxectivo que temos para esta edición e os empréstitos que xa recibimos:
Cifra acadada
2.000.000 €
Cantidad prevista para esta edición
3.000.000 €
Contacto
Se tes dúbidas, escríbenos a generationkwh@somenergia.coop.