Vida cooperativa

Vive Som Energia desde dentro
En Som Energia fomentamos unha implicación activa na nosa actividade.

Activismo, implicación, participación

En Som Energia fomentamos unha implicación activa na nosa actividade. Por iso convidamos as persoas socias máis activas a participaren na difusión do noso labor ou asistindo a feiras e eventos. 

Ademais, se te asociaches, podes participar en grupos locais e conectar con colectivos afíns.

Coñece os grupos locais
Buscamos personas para unirse al equipo que impulsa el cambio

Trabaja en Som Energia

En Som Energia contamos con persoas valentes, comprometidas e que están dispostas a transformar o futuro. 

Consulta as nosas ofertas de emprego e únete ao equipo que impulsa o cambio fomentando o emprego dunha enerxía xusta, limpa e comunitaria.

Consulta as ofertas de emprego
Calendario democrático
Neste calendario podes ver cando convidamos as persoas e entidades socias a formarse, debater e tomar decisións vencelladas á cooperativa. Resultarache útil se queres acudir ao próximo encontro:
Fórmate con Som Energia
[esc]hola, us espacio de aprendizaje donde pueden participar todas las personas, sean socias o no

A [esc]hola

Neste espazo de aprendizaxe poden participar todas as persoas, sexan socias ou non. 

Na [esc]hola organizamos charlas, obradoiros, conferencias e debates durante unha fin de semana (polo xeral, no outono). Con isto pretendemos ampliar o coñecemento, compartir experiencias e fortalecer a comunidade. 

Ver eventos anteriores da [esc]hola
É un espazo de formación onde reflexionamos sobre o cooperativismo e a enerxía

Aula Popular

É un espazo de formación onde reflexionamos sobre o cooperativismo e a enerxía segundo os principios da economía social e solidaria.

Únete ás nosas formacións en liña: tes unha modalidade de acceso permanente e outras que son impartidas en datas e horas concretas.

Aula Popular
A túa voz conta.
Participa na cooperativa
Comunidade somlab - Hackasom e un lugar de encontro entre persoas que achegan os seus coñecementos de informática e programación para crear un futuro sostíbel grazas á tecnoloxía.

Comunidade somlab - Hackasom

Hackasom vén de hacker e Som Energia. Trátase dun lugar de encontro entre persoas que achegan os seus coñecementos de informática e programación para crear un futuro sostíbel grazas á tecnoloxía.

SomLab - HackaSom

Achegas ao capital social

Som Energia é unha cooperativa sen ánimo de lucro que se sostén grazas ás achegas voluntarias das persoas socias. Este apoio asegura a nosa independencia e permite impulsar novos proxectos de enerxía renovable.


Achega ao capital social